Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2009.

Este domingo en Onda Curta poderase ver a nova curtametraxe do prolífico realizador ferrolán Rubén Coca. Titúlase Mínimo Común Múltiplo e está interpretada nos seus papeis protagonistas por Marta Larralde, Xoel Fernández, Rubén Riós e os nenos Álex Neira e Lourdes Sanmartín.
Mínimo Común Múltiplo pretende dar unha explicación matemática do amor e pescudar sobre os amores platónicos e os reencontros das vellas relacións. Esta curtametraxe producida con axuda da Consellaría de Cultura e Deporte, foi rodada integramente na cidade de Ferrol e foi estreada con grande éxitio de público na apertura da última edición da Mostra de Videocreación do Condado (MÍVICO 08), en Ponteareas.
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org//public/index.php?seccion=oficinaproduccion/ficha_noticia.php&id_noticia=2521&id_fase=
"Como se fixo Mínimo Común Mútiplo" (2008) Making Off por CAAlonso
http://www.youtube.com/watch?v=EUS5fRDYly0

NO I.E.S. ROSALÍA DE CASTRO, EN COMPOSTELA
Nsaio Xeral
17 de xaneiro de 2009 10:00 h - 20:00 h
http://www.nsaio.org/?lg=gal
Novo encontro entre os axentes encargados da industria musical e os grupos noveis da música galega.
Até o instituto Rosalía de Castro achegaranse representantes dos diferentes sectores que compoñen a industria musical galega, representantes de Nsaio e, por riba de todo, os grandes protagonistas da xornada: os músicos.
Programa
10.00 horas: Recollida das acreditacións
11.00 horas: Presentación oficial do Nsaio Xeral
Estarán presentes representantes da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, do Xacobeo, da Axencia Galega de Difusión Cultural e tamén da Televisión de Galicia.
11.30 horas: Repartiranse os grupos interesados en participar nos diferentes obradoiros.
12.00 horas: Obradoiros
* Produción musical (Dios ke te crew)
* Edición e distribución (Falcatruada e Lonxa Cultural)
* Promoción web (A regueifa e Komunikando)
* Imaxe (Rubén Coca e María Yañez)
* Management (Nordesía e Abada)
* Deseño (Mutante e 1001. m2)
12.00 horas: Cásting.
Os grupos apresentarán a súa proposta musical mediante o seu espazo na web Nsaio.org
14.00 horas: Todos a xantar.
16.00 horas: Cásting
Os grupos apresentarán a súa proposta musical mediante o seu espazo na web Nsaio.org
19.00 horas: Concertos a cargo de Ruxe Ruxe, Chámalle Xis, Mito Crónico e Equilibrio H.
24.00 horas: Peche da festa.
Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/