Temas

Enlaces

NOTICIAS

QUANT

TODO EL LARGO VERANO

Otros

Archivos

Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2008.

Resumen

Nuevo videoclip de Roger de Flor

foto de cocacolog en 1/12/08


Hai quen di que nunca debes laiarte dos tempos que che tocou vivir, pois de pouco te servirá. Pero sempre está esa excepción que confirma a regra, e aquí está Roger de Flor para demostralo.


Xa podes ver na rede o novo vídeo clip de Roger de Flor, “Cuanto hay que aguantar!” , adianto do seu disco “Naturalidad Silvestre (2008)” que sairá a luz en pleno Nadal e que virá acompañado dunha sorprendente xira de presentación en directo que principiará o 26 de decembro no Ateneo Ferrolán para continuar por A Coruña e outros puntos da xeografía galega. Nesta ocasión o bardo limodrés sofre unha insólita mutación, converténdose nun "impersonator" do Sinatra “ratpackiano”. Isto e moito máis nunhas imaxes que toman como decorado a noite ferrolá máis insospeitada e nun vídeo que mestura a “Nouvelle Vague” cun Fred Astaire de mércores de mercadillo en Recimil. A peza e a súa tradución visual déixanos claro que cando todo está mal, sempre acaba poñéndose peor, pero poucas veces resulta tan divertido.



Disfrutádeo na web do seu director, Carlos Alberto Alonso:

http://www.asmuxicas.com/

ou no youtube:

http://es.youtube.com/watch?v=wYoIHvzGAxs

*Outros vídeo clips de Roger de Flor:

http://www.asmuxicas.com/osdousamigos_m.htm - Os dous amigos

http://www.asmuxicas.com/unadesconocidamas_m.htm Una desconocida más

03/12/2008 05:09. Autor: rubencoca. Enlace permanente. Tema: NOTICIAS No hay comentarios. Comentar.

MCM no CULTUR.GAL 2008

foto de cocacolog en 3/12/08


Hoxe inaugúrase Cultur.gal08: a Feira das Industrias Culturais de Galicia.


Dentro da programación proxectarán o MINIMO COMUN MULTIPLO
( http://www.rubencoca.com ) dentro da selección VARIACIÓNS FICCIONAIS de curtametraxes do programa PANORAMA GALICIA, o venres ás 12 da mañá.

http://www.culturgal.com/actividade.php?id_a=15


Unha mostra da diversidade e da calidade das creacións galegas contemporáneas de todos os xéneros e formatos
Cen producións audiovisuais galegas exhíbense no Cultur.gal no programa Panorama Galiza.

É unha proposta da Axencia Audiovisual Galega, que inclúe longametraxes e curtametraxes de ficción, animación e documentais de 2007 e 2008, que se exhibirán en sesión continua os catro días da feira.

Mañá, 4 de decembro, ás 12h30, no Palexco da Coruña, o mundo da cultura galega ten unha cita coa inauguración do Cultur.gal08: a Feirtas das Industriais Culturais.

O Cultur.gal é unha oportunidade única para todas aquelas persoas que queiran coñecer a oferta cultural do país en todos os ámbitos:

* Artes escénicas
* Audiovisual
* Libro
* Música
* Novas tecnoloxías da cultura e do lecer
* Servizos socioculturais

http://www.culturgal.com

 

04/12/2008 12:54. Autor: rubencoca. Enlace permanente. Tema: NOTICIAS No hay comentarios. Comentar.

NOTAMOTOF en la Filmoteca Española

foto de cocacolog en 26/11/08



Despues de más de 4 años de su estreno todavía sigue coleando por ahí en algunas salas de cine, mañana ponen el Notamotof en el cine Doré de la Filmoteca Española en Madrid a las 21’00.

Entrada: 2.50 €

http://www.mcu.es/cine/MC/FE/CineDore/Programacion.html

http://www.mcu.es/cine/docs/MC/FE/PrograDore/PrograDore59.pdf


y aqui todos los días más en pequeñito, pixelado, pixelizado y con sonido achatao por los polos.

http://www.youtube.com/watch?v=ObeupfLByYg

17/12/2008 02:28. Autor: rubencoca. Enlace permanente. Tema: NOTICIAS No hay comentarios. Comentar.

VIII Xornadas de Curtametraxes no Ateneo Ferrolán

foto de cocacolog en 22/12/08

 

Os próximos días 22, 23, 29 e 30 de decembro, levaranse a cabo no Ateneo Ferrolán ás OITAVAS XORNADAS DE CURTAMETRAXES comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral, aquí tedes o programa do que serán estas XORNADAS.

http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com/

O obxectivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

Mañá, ECOS e MCM...


GRAZAS POR PARTICIPAR!
--
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

22/12/2008 14:49. Autor: rubencoca. Enlace permanente. Tema: NOTICIAS No hay comentarios. Comentar.

Roger de Flor presenta “Naturalidad Silvestre”

foto de masito_msc en 26/12/08

 

O cantautor fenés Roger de Flor(http://www.myspace.com/rogerdeflor) presenta en dous concertos o seu novo disco, que leva por título “Naturalidad Silvestre”. As actuacións celebraranse o próximo día 26 de decembro ás 22 horas no Ateneo Ferrolán e o 3 de xaneiro en Casa Ardá (Limodre - Fene) ás 22.30. Neles este moderno trobador estará arroupado por boa parte dos músicos cos que gravou “Naturalidad Silvestre”. No Ateneo e na Casa Ardá tocarán o pianista Fran Rey, o baixo Luís Cuba, o guitarrista Cabe García e o batería Seguei Izmailov, aínda que se agarda a participación doutros artistas que a organización mantén como sorpresa. Así mesmo, o día 26 estréase un vídeo sobre o proceso de creación dun dos temas estrela do disco, “Días monótonos”. O clip está gravado polo realizador Carlos Alberto Alonso e poderá verse a partir do día 26 na páxina web do director www.asmuxicas.com así como en YouTube.

“Naturalidad Silvestre” é a primeira produción do novo selo Discos Felipop, unha auténtica arroutada heroica dos limodreses da Asociación Cultural Felicia en tempos nos que a industria discográfica non deixa de dar disgustos. “Naturalidad silvestre” profundiza nas ideas de Roger de Flor apuntadas na excelente maqueta “Canciones de amor y retranca” (2007). Dez cancións que falan de amores non correspondidos, da urxencia de manter o equilibrio mental, da monotonía ou do valor da amizade, esa eterna táboa de salvación en tempos de crise. Olladas serenas e irónicas ante o fracaso convertidas en divertidas melodías inzadas de estribillos memorables grazas ao swing deste popeiro sentimental.  

O disco tamén inclúe as pistas dos tres videoclips de Roger de Flor realizados por Alberto Alonso co apoio de  Rubén Coca Produccions: “Una desconocida más”, “Cuanto hay que aguantar” e “Os dous amigos”.

26/12/2008 12:57. Autor: rubencoca. Enlace permanente. Tema: NOTICIAS No hay comentarios. Comentar.

A PALABRA ENCARNADA

20081225143050-palabra-encarnada-1.jpg

O pasado mes de abril celebramos polas rúas e mercados de Ferrol unha
primeira *Semana de Poesía Salvaxe* que deu moito que falar (e que
escoitar). Sen embargo o proxecto non rematou aí. Aínda nos faltan por
ver os dous traballos audiovisuais que realizaron Rubén Coca e Pablo
Portero. Consisten nun documental de 30’ no que se recolle a síntese do
sucedido durante a *Semana* e nunha videocreación de 10’ na que se
recolle o sentir dos dous ferroláns a respecto da mesma.

Os obxectivos que nos animaron a impulsar ambas produccións audiovisuais
son claros: 1) difundir a *Poesía Salvaxe* entre outros certames
poéticos internacionais, 2) dar a coñecer ao gran público este extraño
acontecemento, 3) xerar unha miscelánea artística que mover en festivais
cinematográficos, 4) axudar a colocar a Ferrol no mapa da cultura.

Pois ben, o día 27 de decembro, sábado, ás 20.30 horas, faremos un pase no Centro Cultural Torrente
Ballester.

http://www.ferrol.es/ampliar_es.aspx?id=5166

 

 

27/12/2008 17:29. Autor: rubencoca. Enlace permanente. Tema: NOTICIAS No hay comentarios. Comentar.

Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]