
O pasado mes de abril celebramos polas rúas e mercados de Ferrol unha
primeira *Semana de Poesía Salvaxe* que deu moito que falar (e que
escoitar). Sen embargo o proxecto non rematou aí. Aínda nos faltan por
ver os dous traballos audiovisuais que realizaron Rubén Coca e Pablo
Portero. Consisten nun documental de 30’ no que se recolle a síntese do
sucedido durante a *Semana* e nunha videocreación de 10’ na que se
recolle o sentir dos dous ferroláns a respecto da mesma.
Os obxectivos que nos animaron a impulsar ambas produccións audiovisuais
son claros: 1) difundir a *Poesía Salvaxe* entre outros certames
poéticos internacionais, 2) dar a coñecer ao gran público este extraño
acontecemento, 3) xerar unha miscelánea artística que mover en festivais
cinematográficos, 4) axudar a colocar a Ferrol no mapa da cultura.
Pois ben, o día 27 de decembro, sábado, ás 20.30 horas, faremos un pase no Centro Cultural Torrente
Ballester.
http://www.ferrol.es/ampliar_es.aspx?id=5166
Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/