Temas

Enlaces

NOTICIAS

QUANT

TODO EL LARGO VERANO

Otros

Archivos

Roger de Flor presenta “Naturalidad Silvestre”

foto de masito_msc en 26/12/08

 

O cantautor fenés Roger de Flor(http://www.myspace.com/rogerdeflor) presenta en dous concertos o seu novo disco, que leva por título “Naturalidad Silvestre”. As actuacións celebraranse o próximo día 26 de decembro ás 22 horas no Ateneo Ferrolán e o 3 de xaneiro en Casa Ardá (Limodre - Fene) ás 22.30. Neles este moderno trobador estará arroupado por boa parte dos músicos cos que gravou “Naturalidad Silvestre”. No Ateneo e na Casa Ardá tocarán o pianista Fran Rey, o baixo Luís Cuba, o guitarrista Cabe García e o batería Seguei Izmailov, aínda que se agarda a participación doutros artistas que a organización mantén como sorpresa. Así mesmo, o día 26 estréase un vídeo sobre o proceso de creación dun dos temas estrela do disco, “Días monótonos”. O clip está gravado polo realizador Carlos Alberto Alonso e poderá verse a partir do día 26 na páxina web do director www.asmuxicas.com así como en YouTube.

“Naturalidad Silvestre” é a primeira produción do novo selo Discos Felipop, unha auténtica arroutada heroica dos limodreses da Asociación Cultural Felicia en tempos nos que a industria discográfica non deixa de dar disgustos. “Naturalidad silvestre” profundiza nas ideas de Roger de Flor apuntadas na excelente maqueta “Canciones de amor y retranca” (2007). Dez cancións que falan de amores non correspondidos, da urxencia de manter o equilibrio mental, da monotonía ou do valor da amizade, esa eterna táboa de salvación en tempos de crise. Olladas serenas e irónicas ante o fracaso convertidas en divertidas melodías inzadas de estribillos memorables grazas ao swing deste popeiro sentimental.  

O disco tamén inclúe as pistas dos tres videoclips de Roger de Flor realizados por Alberto Alonso co apoio de  Rubén Coca Produccions: “Una desconocida más”, “Cuanto hay que aguantar” e “Os dous amigos”.

26/12/2008 12:57. Autor: rubencoca. Enlace permanente. Tema: NOTICIAS.

Comentarios > Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.




Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.