
Hai quen di que nunca debes laiarte dos tempos que che tocou vivir, pois de pouco te servirá. Pero sempre está esa excepción que confirma a regra, e aquí está Roger de Flor para demostralo.
Xa podes ver na rede o novo vídeo clip de Roger de Flor, “Cuanto hay que aguantar!” , adianto do seu disco “Naturalidad Silvestre (2008)” que sairá a luz en pleno Nadal e que virá acompañado dunha sorprendente xira de presentación en directo que principiará o 26 de decembro no Ateneo Ferrolán para continuar por A Coruña e outros puntos da xeografía galega. Nesta ocasión o bardo limodrés sofre unha insólita mutación, converténdose nun "impersonator" do Sinatra “ratpackiano”. Isto e moito máis nunhas imaxes que toman como decorado a noite ferrolá máis insospeitada e nun vídeo que mestura a “Nouvelle Vague” cun Fred Astaire de mércores de mercadillo en Recimil. A peza e a súa tradución visual déixanos claro que cando todo está mal, sempre acaba poñéndose peor, pero poucas veces resulta tan divertido.
Disfrutádeo na web do seu director, Carlos Alberto Alonso:
http://www.asmuxicas.com/
ou no youtube:
http://es.youtube.com/watch?v=wYoIHvzGAxs
*Outros vídeo clips de Roger de Flor:
http://www.asmuxicas.com/osdousamigos_m.htm - Os dous amigos
http://www.asmuxicas.com/unadesconocidamas_m.htm Una desconocida más
Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/