
Dentro da sección: "Aventura no laboratorio: experimental", ECOS forma parte desta iniciativa que recolle o máis destacado da curtametraxe galega nos derradeiros 25 anos e está pensada para converterse nun proxecto histórico dentro da divulgación das curtametraxes galegas.
A Axencia Audiovisual Galega acude ó rescate desas producións invisíbeis co propósito de desfacer un desagravio e dar a coñecer parte moi estimábel do noso audiovisual. Pequenas pezas que supuxeron apostas arriscadas en distintos aspectos, poderán ser vistas ao longo e ancho da nosa xeografía, polo tanto este ciclo supón un achegamento á esa parte oculta do audiovisual galego.
Así, deste modo, hai que contemplar este ciclo de Cinemas Dixitais coma un tesouro “Curtametraxes galegas: o pequeno é fermoso” constitúe unha mostra do apoio á produción e divulgación das curtametraxes galegas, un proceso creativo fundamental para espertar o talento e a creatividade dos novos realizadores que constitúen o presente e o futuro do audiovisual galego.
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?seccion=oficinapromocion/cinemas/peliculas.php&idCiclo=9
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/ficheros/ciclos/programacion/A4A92BC3BCD144FBB73D8B166ADF5510.pdf
Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/