Temas

Enlaces

NOTICIAS

QUANT

TODO EL LARGO VERANO

Otros

Archivos

HOXE comeza a rodaxe de A nena que tiña unha soa orella

foto de cocacolog en 10/11/08

 

Baseada no conto da escritora Lucía Etxebarría “La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigüeña”, conta coas ilustracións de Víctor Coyote e con Álvaro León na dirección. Producida por Rubén Coca conta co apoio da Consellería de Cultura e Deporte e o Padroado da Cultura do Concello de Narón.

“A NENA QUE TIÑA UNHA SOA ORELLA” é un conto infantil orientado a tódolos públicos debido á súa clara vocación divulgativa e de concienciación cara ó respecto ás diferenzas entre os seres humanos.Tras varios meses de preparación, este luns día 10 chega o momento de darlle luz e vida a esta pequena grande historia na que en aproximadamente 10 minutos nos introduciremos na vida de Allegra, unha nena de 5 anos que irá aprendendo a aceptar de forma natural as diferenzas.
Para darlle vida a esta historia empregaranse diferentes técnicas narrativas de animación, desde a máis tradicional baseada no uso de monicreques, colaxes e sombras chinesas, ata chegar ás técnicas máis avanzadas de STOP MOTION, 3D e CGI. Durante varias semanas de intensivo traballo de rodaxe e varios meses de posprodución alternando diversas localizacións da comarca de Ferrol e Narón, a principios de 2009 poderemos gozar desta obra no seu formato cinematográfico final.

http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?seccion=oficinaproduccion/ficha_noticia.php&id_noticia=2284&id_fase=2

 

 

10/11/2008 11:50. Autor: rubencoca. Enlace permanente. Tema: NOTICIAS.

Comentarios > Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.




Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.