rubencoca.blogia.com

Un blog de Rubén Coca

Temas

Enlaces

NOTICIAS

QUANT

TODO EL LARGO VERANO

Otros

Archivos

Curtas GZ en Pontevedra

 

 

foto de cocacolog en 5/05/08

 

Durante os días 5 e 6 de maio, organizado polo Comité Aberto da Facultade (CAF) da Facultade de Comunicación de Pontevedra, celebrarase un interesante encontro de creadores técnicos e promotores do mundo da curtametraxe na Galiza.

 

Curtas GZ comezou o ano pasado co obxectivo "dar a coñecer a xénese e evolución da curtametraxe na Galiza", pero tamén o de "revindicar a necesidade dun idioma propio como símbolo da vitalidade cultural do noso pais".


O programa deste ano recupera numerosas producións míticas dos 90 como Coruña Imposible, A repesca, O matachin, Grande Cuba ou Afonía, coa presenza activa dos seus actores, técnicos, productores e directores/as. Pero nas Xornadas pegaraselle tamén un repaso á produción "subvencionada", ao curtametraxismo documental, ás experiencias de autofinanciación ou curtas con productora....e mesmo chegan a incluir homaxes a traxectorias tan impresionantes no mundo da curta como a de Alber Ponte. Unha coidadase escolma de curtas actuais que comparten espazo con novas pezas elaboradas polos propios estudantes da Facultade.

En todos os casos, o debate de ideas e a discusión aberta será un dos leiv motivs de actividades tan imprescindibeis completas e interesantes coma Curtas GZ, xa que permite evidenciar a emerxencia dun mundo paralelo, rico en ideas e propostas no audiovisual galego.

Por alí andaremos o martes a iso das 10:00 contando algunha que outra historia e poñerei o que hai, ou o que queda máis ben, do MINIMO COMUN MULTIPLO.

 

 

 

05/05/2008 04:28. Autor: rubencoca. Enlace permanente. Tema: NOTICIAS.

Comentarios > Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.




Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]