O músico e cantante Roger de Flor estrea na rede o vídeo clip da súa adaptación do clásico ”Simple Twist of Fate" de Bob Dylan, rebautizada coma “Una desconocida más”.
Realizado polo cineasta Carlos Alberto Alonso ( http://www.asmuxicas.com ) e producido por Ruben Coca Produccións ( http://www.rubencoca.com ) a peza foi gravada en Ferrol e comarca durante o pasado mes de decembro, e pretende ser a primeira dunha fructífera colaboración entre estes tres inquedos artistas “ferrolterranos”.
“Una desconocida más” foi extraído do derradeiro disco -aínda non editado- de Roger de Flor ( http://es.youtube.com/videosrogerdeflor ) , “Canciones de amor y retranca”, cuestión que non impide que o bardo “limodrés” se atope xa neste intre ultimando os preparativos para a gravación do que será o seu seguinte CD.
No duden en visitar su myspace y su nuevo fotolog: